A andaina saudable “Rego da pedra” terá lugar o 25 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este domingo 25 de outubro, a partir das 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, “Andaina Rego da Pedra”, que sairá dende o aparcadoiro da Casa Forestal do Monte Aloia.

Esta andaina percorrerá sendas e camiños do Parque Natural do Monte Aloia e dos montes de Pazos de Reis, sendo a distancia aproximada de 8 quilómetros, cun grao de dificultade medio e unha duración de ó redor de tres horas.

Como de costume, o punto de encontro alternativo será o parquing do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas.

22 de outubro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.