Xuventude retoma a iniciativa Pisando Forte para axudar á mocidade na procura de emprego
A Concellería de Xuventude retoma a iniciativa “Pisando Forte” para mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación. Vai dirixida a xóvenes de entre 16 e 35 anos.
As datas de inicio e fin de solicitudes on line pódense ver na web http://xuventude.pontevedra.eu.
• CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA E COMPETENCIA DIXITAL
Coñecementos básicos e xerais de informática e internet, redes sociais, correo electrónico, telefonía móbil, prevención , filtros, cortalumes, etc…
Imparte: Casa Azul
Datas: martes e xoves do 13 outubro ao 12 novembro ( cambio de datas respecto ao programa impreso)
Horario: 11,30-14,30h.
Lugar: Casa Azul
Prazas: 18
Duración: 30 horas
Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 30 de setembro
• INTRODUCIÓN Á AGRICULTURA ECOLÓXICA
En diversas ocasións, o agro galego axudou a amortiguar períodos de crise económica. Este fenómeno obsérvase tamén no actual contexto, no que numerosas fincas a barbeito durante anos pasan a ser traballadas como medio económico ou de subsistencia. Este curso quere servir de axuda a aquelas persoas que, ben por vocación ou por necesidades do momento, pretenden este achegamento ao agro, tendo por obxectivo achegar a agricultura ecolóxica, un dos poucos sectores que segue medrando mesmo en época de crise.
Imparte: Ventos Estudos Ambientais
Datas: mércores e xoves do 16 setembro ao 15 outubro
Horario: 17,30-20h.
Lugar: Pazo da Cultura e outros espazos de práctica
Prazas: 25
Duración: 29 horas
Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 9 de setembro
• CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN DINAMIZACIÓN RURAL
Curso destinado a complementar a formación de profesionais, dotándolles de información, técnicas e recursos específicos para a programación e desenvolvemento de actividades no medio rural que favorezan a súa dinamización e aproveitamento.
Requisitos: formación previa vinculada: monitorxs de tempo libre, educadorxs sociais, animadorxs socioculturais, educadorxs, técnicxs en actividades no medio natural e outrxs profesionais relacionadxs co medio natural e rural.
Imparte: Anias Xestión e Formación Sociocultural
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 outubro
Horario: 10-14h. e 16-20h.
Lugar: Casa de Cultura do Salgueiral (Bora)
Prazas: 25
Duración: 40 horas
Preinscrición: a partir do 1 de setembro ata o 15 setembro
• SÁCALLE PARTIDO Á TÚA MARCA PERSOAL
Que é a marca persoal? Introdución ás redes sociais (Linkedin, Google Plus, Twitter, Blogs, Youtube, Facebook).
Ferramentas para xerar contido atractivo e estratexias. Xerar oportunidades a través da nosa marca persoal.
Imparte: Xeneme Proxectos Sociais
Datas: 7,8,14,15 outubro
Horario: 16-20h.
Lugar: Casa Azul
Prazas: 20
Duración: 15 horas
Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 27 de setembro
• COMMUNITY MANAGER
Coñece o mundo das redes sociais e sácalle partido profesionalmente. Mellora das túas condicións e capacidades para a venda de produtos e servizos por Internet.
Imparte: Xeneme Proxectos Sociais
Datas: 21,22,28 e 29 outubro
Horario: 16-20h.
Lugar: Casa Azul
Prazas: 20
Duración: 15 horas
Preinscrición: a partir do 14 de setembro ao 11 outubro











