Xuventude amplía o prazo de inscrición para o curso de introdución á agricultura ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Esténdese até o domingo, 13 de setembro o prazo para inscribirse no curso “Introdución á agricultura ecolóxica” do programa “Pisando forte”, a iniciativa da Concellería de Xuventude para mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade a través da formación.

INTRODUCIÓN Á AGRICULTURA ECOLÓXICA

En diversas ocasións, o agro galego axudou a amortiguar períodos de crise económica. Este fenómeno obsérvase tamén no actual contexto, no que numerosas fincas a barbeito durante anos pasan a ser traballadas como medio económico ou de subsistencia. Este curso quere servir de axuda a aquelas persoas que, ben por vocación ou por necesidades do momento, pretenden este achegamento ao agro, tendo por obxectivo achegar a agricultura ecolóxica, un dos poucos sectores que segue medrando mesmo en época de crise.

Imparte: Ventos Estudos Ambientais

Datas: mércores e xoves do 16 setembro ao 15 outubro

Horario: 17,30-20h.

Lugar: Pazo da Cultura e outros espazos de práctica

Prazas: 25

Duración: 29 horas

Preinscrición: ata o 13 de setembro

9 de setembro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.