Xuntanza cabalar en Ardemil
Ardemil acolle esta fin de semana unha xuntanza cabalar. O inicio desta convocatoria tivo lugar onte a noite cunha gran cea a base de touciño entrefebrado, pan e viño. Ao longo desta mañá sucedéronse as pobras e competicións seguidos dun xantar popular composto por churrasco, tortilla, pan e viño. O grupo Reynamar foi o encargado de facer bailar a todas e todos os asistentes. Unha vez máis os organizadores contaron coa colaboración do Concello de Ordes para levar a cabo esta inciativa.











