publicidade hoxe

Xunta e Concello de Begonte colaboran na mellora da iluminación pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonte
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Begonte, José Ulla visitaron as obras levadas a cabo no Concello lucense que se realizaron ao abeiro das axudas da Orde de infraestruturas de uso público da Xunta.

Concretamente, tratase da mellora da mellora da iluminación pública, cun importante aforro e e mellora na eficiencia enerxética. En total, instaláronse medio cento de puntos de luz, que permiten ofrecer un mellor servizo aos veciños e mellorar a súa calidade de vida, aposta polo medio ambiente ao reducir as emisións de CO2 e o consumo enerxético, e ademais un importante aforro de custos para o concello, estimado nun 60 por cento.

Segundo palabras do vicepresidente, grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos veciños, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida. Estas pequenas iniciativas benefician directamente aos cidadáns e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións, neste caso concreto a Xunta e o Concello, que aunaron esforzos para facer fronte aos máis de 50.000 euros que custou a intervención.

Orde de infraestruturas

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos para financiar infraestruturas que beneficien directamente aos seus veciños. O ano pasado beneficiáronse destas axudas máis de 70 concellos a través de diversos proxectos.

A contía para este ano ampliouse ata os preto de oito millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o que representa a aposta da Xunta polo rural galego, apoiando ás entidades locais no financiamento de proxectos esenciais para incentivar o asentamento de poboación no rural.

23 de setembro de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.