publicidade hoxe

Xunta, Deputación e Concello de Baralla achegan 100.000 euros para a rehabilitación da Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLocal PortadaLugo
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde, Manuel González Capón, e a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia asinaron senllos convenios de cooperación grazas aos que se rehabilitará a Casa do Concello cunha achega de 100.000 euros, e que dotará o consistorio cun ascensor que dará accesibilidade ao concello.

Esta sinatura faise ao abeiro dunha orde de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015; e que ten entre as súas prioridades “a mellora da calidade de vida nas zonas rurais” e por iso o Goberno galego decidiu apoiar economicamente aquelas actuacións cuxo obxectivo sexa mellorar as infraestruturas e equipamentos de uso público e, por tanto, dos servizos municipais que os concellos prestan aos seus veciños e veciñas.

Entre outras actuacións, esta orde sirve para subvencionar obras en espazos públicos; edificios ou dependencias municipais; e instalacións deportivas de uso público; así como as seus respectivos equipamentos. Ademais, tamén subvencionan as instalacións, ampliacións e melloras das redes de alumeado público e a pavimentación de vías municipais que non estean incluídas no programa de mellora de camiños do concello

Precisamente, o pasado 14 de agosto o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, asinou convenios similares cos concellos lucenses de Cospeito, Ribas de Sil e Vilalba, a través dos cales a Xunta investirá preto de 85.000 euros para efectuar obras de mellora en varias rúas, vías e camiños municipais.

7 de setembro de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.