Xulio Ferreiro reúnese con representantes de entidades financeiras para avanzar na colaboración en temas sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Xulio Ferreiro na sinatura do convenio con Abanca

Xulio Ferreiro na sinatura do convenio con Abanca

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, vén de reunirse ao longo da mañá deste martes con representantes de distintas entidades financeiras presentes na cidade para abordar a súa colaboración co Concello en temas sociais, como a loita contra os desafiuzamentos, ou asinar convenios para facilitar á cidadanía o pago de taxas.

“Estamos plantexando unha serie de cuestións para establecer protocolos que lles permitan ás entidades establecer relacións co Concello, por exemplo, para avisar a Servizos Sociais en casos nos que detecten, a través das súas relacións cos clientes, problemas sociais ou para seguir mantendo a súa vivenda”, exemplificou o rexedor, quen recalcou: “A nosa prioridade nestes momentos é darlles unha solución a estas persoas, unha alternativa de habitabilidade e de vivenda”.

Así, hoxe Ferreiro recibiu a representantes de Bankia e Banco Ceiss, así como asinou convenios para o pago de taxas e conversou con directivos de Caixabank e Abanca.

8 de setembro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.