Xulio Ferreiro recibe aos representantes do Colexio de Avogados da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Xulio Ferreiro na reunión con representantes da entidade

Xulio Ferreiro na reunión con representantes da entidade

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste xoves con representantes da Xunta Diretiva do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, nunha delegación que estivo encabezada polo Decano Augusto José PérezCepeda, e que se desenvolveu nun clima cordial e de entendemento no Pazo de María Pita.

Durante a xuntanza Xulio Ferreiro, profesor de Dereito Procesual da Universidade da Coruña, compartiu a reivindicación expresa de que A Coruña siga a ser a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como amosou interese por cuestións de carácter social, na liña da Mediación familiar nos Centros Cívicos ou temas relacionados coa formación académica.

3 de setembro de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.