publicidade hoxe

Xornadas de xadrez en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Por cuarto ano consecutivo celébranse en Salvaterra de Miño ás Xornadas abertas de xadrez coa intención de achegar o xadrez a todos os veciños e veciñas  do concello. Será o próximo sábado 26 de setembro a partir das 11 da mañá e continuarán pola tarde a partir das 16:30. O lugar do encontro é a praza do Concello e en caso de mal tempo realizaranse no salón multiusos da Csa da Cultura. As Xornadas están organizadas pola ESCOLA DE XADREZ DE SALVATERRA DE MIÑO, que dirixe Alfredo Pérez,  con ELO nacional e Internacional e xogador de primeira división de xadrez na actualidade. Nestas Xornadas, nas que  colabora o Concello de Slavaterra de MIño, sortearanse entre os asistentes tres taboleiros de xadrez. A Escola de Xadrez de Salvaterra imparte clases durante os meses de outubro a xuño, na Casa de Cultura de Salvaterra, todos os sábados de 11:30 a 13:30 h.

24 de setembro de 2015 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.