Xornada de portas abertas no Centro Sur
O Centro Sur organiza mañá, 26 de setembro, unha xornada de portas abertas a todos os veciños de Pontevedra que queiran coñecer as súas instalacións. A concelleira delegada do barrio de Campolongo, Carmen Fouces presentou esta mañá a xornada en compañía dos responsables dalgunhas das asociacións que teñen a súa sede neste novo centro cultural. Están instalados no Centro sur:
• Asociación de veciños Amigos de Campolongo
• Asociación de veciños Salcedo Norte
• Coral Polifónica
• Coro de Maiores
• Sociedade Galega de Antropoloxía
• Cineclub
• Fondo Galego de Cooperación / IGADE /Fundación Plácido Castro.
Estas asociacións queren presentar a toda a cidadanía o seu traballo, polo que a partir das 18.30 horas ofrecerán un pincho aos asistentes e tamén está prevista a actuación de dos dous coros do Centro, así como a presentación de obradoiros que organizan estas entidades.











