publicidade hoxe

Xa están dispoñibles os carnés 2015-16 do CD Burela FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2015-16, con baixada de prezos, dende mañá, mércores 2 de setembro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co amigable fronte ao Prone Lugo AD, o sábado (18.00 horas), e o partido de ida da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o domingo (13.00 horas).

Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).

1 de setembro de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.