Viaxa á 30ª Copa Galicia co Rio Natura Monbus Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro quere que os seus afeccionados o acompañen nestes inicios de #ocamiñodailusion, polo que organizará viaxe a Ourense para os afeccionados que queiran asistir a animar ao equipo na 30ª Copa Galicia. A viaxe realizarase con Monbus, membro do Club de Empresas Obradoiro.
Así, todos os interesados en ir en bus ao torneo desde o Multiusos Fontes do Sar, poderán anotarse nas oficinas do club. O prezo para o paquete de viaxe e transporte a unha soa xornada será de 15 euros. Mentres, tamén se poderá comprar o abono de viaxe e entradas para semifinais (venres ás 19.00 e 21.00 horas) e final (sábado ás 20.00 horas) por 20 euros.
A hora de saída do venres será ás 17.00, mentres que a do sábado será ás 16.00, chegando a Ourense a tempo para ver o partido da Selección Galega de Veteranos que se disputará ás 17.30 horas. Ambos os días partirase desde o Multiusos Fontes do Sar, e ambas as xornadas marcan o seu regreso á conclusión dos encontros do Rio Natura Monbus Obradoiro.
Os afeccionados pódense anotar até o xoves ás 14.00 horas nas oficinas do club, e a viaxe está suxeito a un número mínimo de pasaxeiros. En caso de realizarse, os asistentes poderán recoller as súas entradas nas oficinas o venres de 12.00 a 14.00 horas.
Ademais, viaxar co equipo terá premio, xa que todo aquel que o faga poderá comprar entradas a 5 euros para o partido de presentación no Fontes do Sar ante o histórico F.C. Porto, e que se celebrará o domingo 4 de outubro ás 19.00 horas, última ocasión para ver aos de Moncho Fernández antes do comezo da liga Endesa e única en Santiago de Compostela en toda a pretemporada.
Por outra banda, comprar a entrada ou abono sen viaxe poderá facerse por 10 euros se se trata de entrada dunha soa xornada ou 15 euros de ser o abono para os dous días.











