Vendidas máis da metade das entradas para o concerto de Los Secretos do sábado 17 no auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O grupo Los Secretos actúa por primeira vez en Vilagarcía o sábado 17 de outubro no Auditorio. A mítica banda creada polos irmáns Urquijo creou moita expectación na capital Arousa onde xa venderon máis da metade do aforo para o acústico co que agasallarán ao público ese día. As entradas poden adquirirse a través de servinova a 20, 22 e 25 euros máis o gastos de xestión.

A día de hoxe tan so quedan dispoñibles 358 entradas das 754 que compoñen o aforo do Auditorio. A meirande parte das butacas dispoñibles concéntranse na zona B e especialmente na C.

Tras o éxito da xira de presentación do seu último traballo discográfico “Algo Prestado”, Los Secretos regresan este outono-inverno para amosar o mellor da súa música, esta vez nun delicioso e elegante formato acústico.

Canción a canción, a mítica formación madrileña percorrerá os escenarios do país con esta interesante proposta, que gustará seguiron tanto aos seguidores máis fieis como a aqueles que vexan por primeira vez unha actuación en directo de Los Secretos.
No Concerto do Auditorio, os vilagarciáns poderán escoltar tanto os temas do disco “Algo Prestado” como algunha das cancións novas que incluíron no repertorio acústico. E, como non podía ser doutro xeito, tamén soarán os seus grandes éxitos, temas xa clásicos da historia da música pop española como “Ojos de gata” ou “Agárrate a mi, María”, “Pero, a tu lado”, “Déjame” ou “Sobre un vidrio mojado”.

29 de setembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.