Unha comisión autonómica decidirá se concede permiso ao Alcampo de Megasa conforme establece o acto regrado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A entrevista celebrada esta mañá na Dirección Xeral de Comercio para abordar o proxecto de creación dun supermercado Alcampo na finca de Megasa serviu para que a delegación Vilagarcia encabezada polo alcalde e a presidenta de Zona Aberta, deran a coñecer á responsable autonómica o seu rexeitamento á medida e as razóns do mesmos, e para que a directora xeral lles informase sobre o estado de tramitación do proxecto e o proceso que seguirá. Segundo indicou Sol Vázquez, será unha comisión autonómica quen decida si a Xunta concede o permiso para a instalación en función dos informes existentes e ao procedemento que marca un acto regrado como este.

A delegación Vilagarcia estaba formada polo alcalde, Alberto Varela; a concelleira de Urbanismo, Paola María; a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán; e a secretaria da asociación de comerciantes Zulema López.

Louzán explicou que o pequeno e mediano comercio de Vilagarcía se opón á construción do Alcampo porque consideran que este tipo de superficies comerciais causará grandes prexuízos ao sector e que provocará o peche de moitos negocios. Tamén lle comunicaron que teñen en marcha unha campaña de presentación de alegacións e de que est`´a en curso un Contencioso Administrativo contra a aprobación do Estudio de Detalle aprobado polo Concello a principios de ano para os terreos de Megasa onde se pretende construír o Alcampo.

Pola súa banda, o rexedor insistiu en que este tipo de proxectos de grandes superficies comerciais de periferia, non encaixan no modelo de cidade que defende o goberno local porque se ten demostrado que contribúen á desertización dos centros urbanos e abocan ao peche ao comercio local.

Varela pediu á Sol Vázquez que á hora de decidir sobre a autorización do proxecto, se teña en conta que hai aberta un procedemento xudicial, o contencioso interposto por Zona Aberta contra o Estudio de Detalle, un aspecto que o Concello tamén fará constar no informe que debe remitir á Xunta.

“Catro anos perdidos”

O rexedor, comentou ao regreso de Santiago que tal como se esperaba, a directora xeral confirmou que a tramitación deste proxecto está bastante avanzada e que, conforme á lei, a posibilidade de que a Xunta non lles conceda o permiso é practicamente nula. O rexedor lamentou que o goberno do PP deixara no caixón a revisión do PXOM durante catro anos, porque de tela feito e de ter introducido nel os mecanismos precisos, xa se podería ter a situación na que nos atopamos co proxecto para os terreos de Megasa.

A responsable autonómica informou tamén de que a solicitude de autorización na Xunta presentouna a entidade promotora no mes de xuño, tendo coñecemento da mesma o Concello en agosto, cando dende a Dirección xeral se lle require á administración local o informe sobre as posibilidades urbanísticas para levar a cabo o devandito proxecto. Como xa se dixo, co actual PXOM, o proxecto é viable.

Na situación actual, e no estado de tramitación no que se atopa o proxecto de Alcampo, as posibilidades de frealo son escasas. Así a todo, e dado que este tipo de áreas comerciais non encaixa no modelo de cidade que defende o goberno socialista, Varela indicou que o Concello segue estudando as alternativas xurídicas existentes e o custe ou consecuencias que terían para a administración local, aspectos que haberá que avaliar para abordar este caso en concreto.

De cara ao futuro, a situación é máis sinxela, posto que os socialistas xa deron instrucións ao equipo redactor da revisión do plan Xeral de introducir no documento as ferramentas precisas para limitar este tipo de proxectos no termo municipal.

3 de setembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.