Unayta presenta en Galicia a app revolucionaria para hoteis “JustRequest”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal Portada
A-
A+

A nova app para visitantes e establecementos hoteleiros chega a España. O seu nome é JustRequest, unha ferramenta que nace para mellorar a comunicación para as vacacións ou viaxes de negocios que conecta aos usuarios directamente co seu hotel ou cruceiro. A idea xorde da necesidade dos usuarios para, ademais de realizar o seguimento da seu reserva, engadir todas as necesidades e peticións que queira facer chegar ao hotel e comprobar o seu estado. Á súa vez, o cliente está ao tanto de todas as novidades que se presentan no establecemento de forma directa e instantánea.

Tras a penetración no mercado que tivo JustRequest en Europa, Pilar Lemes, Antonio Ramírez e Uwe Schneider, fundadores e creadores da app, seleccionaron para a súa distribución na zona noroeste de España (Galicia, Asturias, Cantabria e León) e o norte de Portugal, á compañía de solucións tecnolóxicas Unayta, unha start-up situada en Milladoiro, formada por profesionais da comunicación e novas tecnoloxías. Manuel Calvo, xerente da compañía destaca que: “JustRequest é a resposta a unha petición que miles de usuarios de hoteis e experiencias de lecer viñan demandando desde hai anos. Os comparadores, foros de opinión e portais web funcionan de forma reactiva, é dicir, unha vez o cliente xa visitou o establecemento. Con JustRequest, os hoteis responden de forma proactiva e previa á visita e ás peticións dos hóspedes. É un pracer para nós como compañía, ser o representante oficial na zona norte de España e Portugal”.

JustRequest é a primeira aplicación de comunicación turística de requests (peticións, suxestións, desexos) para smartphones e iphones en plataformas android e IOS. O obxectivo é, ante todo, evitar as esperas na atención por parte do cliente e mellorar a experiencia do usuario durante a súa estancia. A aplicación é totalmente gratuíta para os usuarios e os hoteis poden dar de alta este servizo sen ningún custo e cunha económica cota de mantemento que permitirá aos hoteis atender de forma práctica e cómoda aos seus clientes sen longas colas de espera na recepción nin interminables chamadas telefónicas.

23 de setembro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.