Un xulgado empraza ao Concello da Coruña a non entregar o billete de Lotería premiado ata que non se resolva o procedemento xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello recibiu esta semana unha resolución do xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña pola que se lle solicita que non entregue o billete de Lotería premiado sobre cuxa propiedade ten aberto un expediente administrativo, en tanto non se resolva o procedemento de acción reivindicatoria que tramita ese xulgado.

O prazo para reclamar a propiedade do boleto ante a Concellería de Facenda segue aberto ata mañá, día 25, data na que se cumpren os dous anos desde a última publicación no BOP do anuncio polo que se daba publicidade ao expediente, a fin de que as persoas que así o consideren puidesen aportar probas para acreditar o seu dereito sobre o billete premiado.

24 de setembro de 2015 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.