publicidade hoxe

Un total de 95 ciclistas participarán na II Ruta BTT Concello de San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

O Club Biela e Chaveta ten preparada para este domingo 13 de setembro unha ruta espectacular tanto para quen participe nela como para quen queira ver as evolucións dos 95 ciclistas inscritos neste encontro BTT non competitivo. Serán arredor de 30 quilómetros de percorrido por camiños e pistas forestais cunha dificultade media-alta. Na web bielaechaveta.galitiming.com hai máis información sobre a ruta, que desvelará o seu trazado na tarde deste sábado.

Os dorsais entregaranse o sábado na tenda Bikeworks de Narón ou ben o propio día entre as 8.15 e as 8.45h. no patio do colexio público, de onde sairá a ruta sobre as 9 da mañá. O trazado definitivo publicarase tamén en bielaechaveta.galitiming.com o sábado a partir das 17.00h.

Como novidade, nesta segunda edición ofrecerase unha actividade de patinaxe para familias e persoas acompañantes entre as 11 e as 12.30h. a cargo de Sobre Rodas Escola. A II Ruta BTT Concello de San Sadurniño está organizada polo clube MTB Biela e Chaveta coa colaboración municipal e da firma Bikework. Ademais tamén botan un cabo casas comerciais como Barbería Clásico, Arpón, Café DZINE, Construcións e reformas Toño, Emoluz, Iroc, Peluquería Santos, Triscos e Fíos, Sobre Rodas Escola de Patinaxe, Taxis Naraío, Restaurante Riboira, Café del Palacio e Torsore.es-Bike Components.

11 de setembro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.