Un total de 26 pezas de Xulio Lago poderan verse na Sala de Exposicións da Aula Panorámica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Presentación da exposición

Presentación da exposición

Onte luns 14 de setembro, ás 19h. presentouse a exposición “Colección 2005-2015” do artista vigués Xulio Lago na Sala de Exposicións da Área Panorámica. Á presentación acudiron a concelleira de Cultura do Concello de Tui, María José González, a bibliotecaria Helena Rodríguez e Xulio Lago.

En total, Xulio Lago amosa vinte e seis pezas de escultura e pintura realizadas ó longo dunha década, que se poderán visitar, totalmente de balde, até o 11 de outubro. O artista confesou que a súa mostra é toda unha busca de preguntas que non teñen resposta, e pretende que todos aqueles que se acheguen a ver a súa exposición, se pregunten cuestións.

Os cadros de pintura de Xulio Lago están realizados con técnica mixta, sempre descubrindo o uso de novos materiais e texturas; pola súa parte, as pezas escultóricas están feitas con aceiro, madeira e pedra.

“Colección 2005-2015” trátase de diferentes series de distintas etapas que conforman un percorrido plástico que nos achega á personalidade de Xulio Lago, realizadas sempre cunha linguaxe propia. 

15 de setembro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.