Un total de 19 clubes disputan o I Torneo de Fútbol Base Ames Cup Pre-temporada en categoría benxamín
O campo municipal de Bertamiráns acolle este sábado, 19 de setembro, o I Torneo de Fútbol Base Ames Cup Pre-temporada en categoría benxamín. O Concello de Ames colabora co Bertamiráns FC na organización do evento, que se desenvolverá de 9:00 a 20:30 horas. O Bertamiráns FC participará con tres equipos nunha cita na que, ademáis dos locais, estarán presentes a SD Compostela, Atl. Fátima, EF Boqueixón, Amio SD, EF Silleda, SD Negreira, AD Burgo das Nacións, Ulla CF, CD San Mamed, Victoria CF, La Salle, SP Estrada, CD Calasanz, Noia CF, Ural CF, ED Xuventude Oroso, Pabellón CF e SD Villestro.
O Torneo de Fútbol 8 organizado polo Bertamirans Fc rexerase polas normas da FIFA e da Federación Española de Fútbol. Os equipos dividiranse en 8 grupos de 3 equipos. Nunha primeira fase, que se desenvolverá desde as 9:00 as 14:30 horas, enfrontaranse nunha liga a unha soa volta. Na segunda fase, que comezará ás 15:00 horas, o 1º e 2º de cada grupo xogarán a Fase Final, e os 3º de cada grupo xogarán a serie de Consolación.
Esta segunda fase desenvolverase polo sistema de eliminación directa. Todos os partidos terán unha duración de dous tempos de 12 minutos cada un. Ao final do torneo haberá trofeos para o campión, subcampión e campión da Consolación. Ademáis, a titulo individual, premiarase ao mellor xogador (Trofeo Adrián Amboage) máximo goleador e mellor porteiro.











