publicidade hoxe

Un total de 130 nenos participaron no Programa de Conciliación en Curtis e Teixeiro este verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa contou este verano con 153 nenos inscritos, 77 no mes de xullo e 53 en agosto. A iniciativa estivo dirixida a pequenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, que participaron nas actividades tanto en Curtis como en Teixeiro.

As actividades realizadas foron do máis diverso, destacando, entre outras, os contacontos, os xogos populares e cooperativos, con paracaídas e en piscina, e as manualidades. Programáronse, ademais, saídas todas as semanas para que os nenos coñecesen os espazos naturais do municipio, así como a súa cultura e os seus recursos. Deste xeito visitaron as igresas de Santaia, Fisteus e a Illana, entre outros monumentos, percorreron a senda fluvial de Fonte Cabada en Curtis e fixeron parte da ruta polo Carregal en Teixeiro. Tamén visitaron a Casa do Concello, onde simularon un pleno, coñeceron de primeira man o traballo do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e os ximnasios de ambas localidades.

A programación completouse co desenvolvemento das actividades culturais “Contos do Lobo” e “Contos da Vía Láctea” e coa xornada ”O Sabor da Aventura está no Mar”, promovida pola Consellería de Medio Rural e do Mar, que se centrou en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos mariños.

A finais do mes de xullo celebrouse en Curtis unha velada nocturna, sendo en agosto nas instalacións do Centro Etnográfico de Teixeiro a actividade de despedida.

O programa, financiado pola Deputación de A Coruña, foi organizado dende o CIM de Curtis, servizo 

4 de setembro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.