Un centenar de persoas concéntrase na Coruña en recordo ás vítimas do rally

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press
Minuto de silencio no Concello da Coruña

Minuto de silencio no Concello da Coruña

O Concello herculino e outros municipios limítrofes secundaron este luns concentracións en recordo ás vítimas do accidente acontecido este sábado na proba do Rally da Coruña, ao seu paso polo municipio de Carral. Na cidade herculina, un centenar de persoas concentrouse na praza de María Pita, onde gardaron uns minutos de silencio en recordo dos falecidos e para expresar o apoio ás súas familias e aos feridos, como se fixo tamén en municipios como Arteixo e Oleiros.

Tras o acto, no que participou membros da corporación municipal e o senador Javier Losada, o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, manifestou que ás vítimas deste accidente se suma “a dor” polo caso de violencia de xénero en Vigo.

En canto ao accidente, recordou que o Concello da Coruña puxo os seus servizos a disposición dos familiares, entre eles asistencia psicolóxica, en coordinación con Cruz Vermella.

APOIO

O alcalde confirmou tamén que este domingo visitou algúns dos feridos para poñerse “a disposición” destes. “Para o que se poida ofrecer”, engadiu. Tamén os voceiros dos grupos municipais do PP e do PSOE, Carlos Negreira e José Manuel Dapena, respectivamente, expresaron a súa solidariedade e apoio ás familias.

7 de setembro de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.