Últimos días para participar no concurso de fotografía sobre lactancia materna
O vindeiro martes 15 de setembro rematará o prazo de presentación de fotografías para participar no Sétimo Concurso Fotografía sobre Lactancia Materna 2015, que organiza o Concello de Ourense a través da Escola Municipal de Saúde coa finalidade de normalizar a cultura da lactancia materna a través da visibilización da muller en actitude de aleitar.
A Concellería de Sanidade anima a todos os afeccionados á fotografía a que presenten os seus traballos, na propia Concellería, na rúa da Concordia, 20 e participen neste certame, que está dotado cun primeiro premio dotado con 1000 €, segundo premio dotado con 500 € e dez Accésits dotados con 70€ cada un.











