publicidade hoxe

Últimos días para inscribirse na II Ruta BTT Concello de San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

O Club Biela e Chaveta ten preparada para este domingo 13 de setembro unha ruta espectacular tanto para quen participe nela como para quen queira ver as evolucións dos e das ciclistas. Serán arredor de 30 quilómetros de percorrido por camiños e pistas forestais cunha dificultade media-alta. Na ruta poderán participar deportistas federados e non federados. As inscricións están abertas ata a medianoite de hoxe na web bielaechaveta.galitiming.com, onde hai máis información sobre esta ruta non competitiva.

Biela e Chaveta fixou un tope de 250 inscricións por razóns organizativas e ao mediodía de hoxe xa ían apuntadas 74 persoas. Unha cifra que seguramente pase do cento ao peche do prazo na web. O prezo por participar son 10€ e quen queira quedar xantar deberá poñer outros 12€. Ademais, se algunha persoa non está federada terá que abonar o custe da licenza para un día, cun prezo de 5 euros. O pagamento da inscrición e da licenza pode facerse directamente en bielaechaveta.galitiming.com mediante tarxeta de crédito ou débito cos gastos de xestión xa incluídos.

Os dorsais entregaranse o venres e o sábado na tenda Bikeworks de Narón ou ben o propio día entre as 8.15 e as 8.45h. no patio do colexio público, de onde sairá a ruta sobre as 9 da mañá. O trazado definitivo publicarase tamén en bielaechaveta.galitiming.com o sábado a partir das 17.00h.

Como novidade, nesta segunda edición ofrecerase unha actividade de patinaxe para familias e persoas acompañantes entre as 11 e as 12.30h. a cargo de Sobre Rodas Escola. A II Ruta BTT Concello de San Sadurniño está organizada polo clube MTB Biela e Chaveta coa colaboración municipal e da firma Bikework. Ademais tamén botan un cabo casas comerciais como Barbería Clásico, Arpón, Café DZINE, Construcións e reformas Toño, Emoluz, Iroc, Peluquería Santos, Triscos e Fíos, Sobre Rodas Escola de Patinaxe, Taxis Naraío, Restaurante Riboira, Café del Palacio e Torsore.es-Bike Components.

9 de setembro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.