publicidade hoxe

Últimos días para inscribirse na carreira 15 do Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaO RosalOia
A-
A+

O mércores día 30 é o último día do prazo de inscrición para participar na 15K do Atlántico que percorre os Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. As inscricións poden ser online na web : www.championchipnorte.com ou a  través de transferencia bancaria no número de conta ES76 0186 6001 84 0508274810 no que o titular é Top Ten Sports. O xustificante de pago hai que envialo o correo info@qualitesport.com indicando o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.

Ademais tamén está a opción da inscrición persoal no Ximnasio Escalibur no Rosal ou no Ximnasio Domajó no Concello da Guarda.

Percorrido

A 15K que terá lugar o próximo domingo 4 de outubro comezará ás 11 horas dende o campo de fútbol de Oia. Pasando por Portecelo a meta é o final do paseo marítimo da Guarda.

25 de setembro de 2015 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.