Último día para inscribirse na Escola Municipal de Música de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes lembra a todos os seus veciños e veciñas que mañá venres, 25 de setembro, rematará o prazo para poder inscribirse tanto nas actividades anuais, trimestrais e mensuais. Pilates, ioga, zumba, aeróbic, ximnasia para maiores e con material, debuxo e pintura, bailes de salón, baile moderno e en liña, obradoiros artesanais, informática, curso multimedia bilingüe de conversa e expresión oral en inglés, danza do ventre, Tai chi, poda, cociña para nenos e adultos ou Google APP for work son as opcións que se ofertan este ano.

Ademais tamén mañá remata o prazo para poder inscribirse na Escola Municipal de Música de Ordes. Óboe, clarinete, frauta, saxofón, fagot, trompeta, tromba, trombón, bombardino, tuba e percusión son os instrumentos que se impartirán este ano, ademais de guitarra e piano a partir do nivel avanzado. Ademais, este ano como novidade tamén se pode acudir a clases de música e movemento, conxunto instrumental, linguaxe musical, harmonía e composición, bandas xuvenil, big band e curso de preparación para o conservatorio.

Para poder inscribirse nalgunha destas actividades é necesario acudir ao Departamento de Cultura e Deporte con fotocopia do DNI, ficha de inscrición e a información bancaria para a domiciliación dos recibos.

24 de setembro de 2015 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.