Tui publica os listados de admitidos en patinaxe das escolas deportivas da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Un total de 138 participantes realizarán a actividade de patinaxe durante a tempada 2015-2016, que comezará o próximo luns 5 de outubro, nunha nova instalación, no pavillón do CEIP de Rebordáns.

Nesta actividade gratuíta, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, coa coordinación do Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe, volverá contar cos monitores do Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui e participarán todas as nenas e nenos, mozos e mozas, que entregaron a solicitude no período de inscrición.

29 de setembro de 2015 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.