Tui informa da apertura das inscricións para participar nas Escolas Deportivas da Deputación no municipio
A Deputación de Pontevedra retoma a actividade nas escolas deportivas subvencionadas nos distintos concellos da provincia. A pasada tempada, de maneira gratuíta, contou no Concello de Tui con máis de 450 nenos e nenas, repartidos nos distintos deportes ofertados.
Así, nesta tempada 2015-2016, os deportes subvencionados volverán ser a patinaxe, o fútbol e o balonmán, que comezarán os adestramentos a partir do mes de outubro.
Por isto, as inscricións realizaranse nos seguintes deportes:
PATINAXE
Un ano máis serán os monitores do Club de Patinaxe Ribex de Tui os que leven a cabo os adestramentos, coordinados pola Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.
As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a solicitude de inscrición cumprimentada na secretaría do Concello de Tui, que pode descargarse a través da páxina http://www.depo.es/web/edepo/218 ou recoller na secretaría do concello:
– Patinadoras/es participantes nas EEDD de Patinaxe no ano 2014-2015, inscribiranse os días 18, 19, 21 e 22 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas (sábado 19, dende ás 09.00 ata as 13.00 horas), na secretaría do Concello de Tui.
– Patinadoras/es novas/os, inscribiranse os día 23 e 24 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.
As listaxes de admitidos publicaranse o martes 29 de setembro, sendo o inicio da actividade o luns 5 de outubro.











