Tres finais na primeira xornada do Campionato de Europa Junior e Sub-23
No día de hoxe disputouse a 1º xornada do Campionato de Europa na cidade de romanesa de Baskov. Os doce participantes galegos fixeron hoxe o seu debut na competición. Todas as eliminatorias daban pase directo á final, conseguindo o obxectivo tres embarcacións.
As primeiras en conseguir o obxectivo foron as cesureñasRaquel Da Costa e Camila Morrison en K2 1000 xuvenil, esta xoven parella conseguiron a 1º posición na eliminatoria por diante das parellas checa e Bielorrusia. Camila tamén disputaría a eliminatoria do k1 500m onde conseguiu o pase ás semifinais ao quedar en 4º posición.
Alex Bernárdez do Club Piragüismo Poio saíu a remar a eliminatoria do C1 500 xuvenil co obxectivo de conseguir o pase directo á final e despois dunha gran regata entrou en meta en segunda posición por detrás do ruso ArtemPron.
Adrián Sieiro compañeiro de club de Alex conseguiu o pase directo á final tras unha boa regata onde entrou en terceira posición por detrás do padeeiro serbio StrahinjaMladezic e do ucraíno PavloAltukhov.
O resto da participación galega conseguiu o pase a semifinais, Carla Sieiro foi terceira na súa serie, Iago Monteagudo terminou sexto na eliminatoria do K2 1000m e quinto no K2 500m, Gabriel Hernándezfue oitavo no K2 1000m e sexto no K2 500, Borja Bejo terminou en quinta posición no K4 1000m , Aarón Dieguez oitavo no K4 1000 sub-23, Carolina García e Andrea Piñeiro foron oitavas na súa serie, por último Tania Fernández chegou en cuarta posición na eliminatoria do K4 500 sub-23











