Trasladan a planta ao menor ferido no Rally da Coruña que permanecía na UCI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O menor ferido no Rally da Coruña que permanecía ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Materno Infantil foi trasladado a planta, segundo informaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). O menor, o único dos nenos trasladados a este centro hospitalario que permanece ingresado, “evoluciona favorablemente”, precisaron as mesmas fontes.

Tamén o fan as tres persoas que continúan ingresadas no Hospital A Coruña. Delas, dúas atópanse en planta, mentres que outra persoa segue ingresada na Unidade de Coidados Intensivos. O seu estado é grave, aínda que está estable, segundo indicaron fontes do hospital.

8 de setembro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.