Tourís e Rial avalian co alcalde de Bueu as necesidades do mercado tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Visita ao mercado

Visita ao mercado

Na mañá de hoxe o alcalde, Félix Juncal, visitou as instalacións do mercado tradicional, onde se venden todos os luns e xoves froitas e verduras. Juncal estivo acompañado de Xosé Manuel Cores Tourís, Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, e Ignacio Rial, Xefe Territorial de Economía e Industria.

Na visita, as autoridades falaron das necesidades para a adecuación física e a mellora do espazo destinado ao mercado tradicional de venda de excedentes da horta e conta cun presuposto de case 40.000 euros, dos que se recibiu unha subvención de 27.408 euros da Consellería de Economía e Industria, e confinanciadas polo FEDER. Esta subvención compleméntase con outra de 3.000 euros para actuacións de dinamización comercial na Praza de Abastos.

En concreto, as obras que se van facer pretenden eliminar os parasois dos postos, caixas e demais e substituílos por toldos para cubrirse das inclemencias meteorolóxicas, ademais da construción de bancadas para a venda deses produtos, que tamén servirán de bancos cando non haxa mercado.

Segundo coincidiu o alcalde buenense, esta iniciativa pretende “poñer orde e estética” , ao tempo que será unha forma de que os vendedores comecen a cumprir o decreto de venda directa. 

7 de setembro de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.