Sestayo lembra que os seus cargos sempre estiveron a disposición do partido e que non recibiu ningún requerimento ao respecto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A secretaria xeral dos socialistas ferroláns, Beatriz Sestayo, compareceu en rolda de prensa acompañada dos membros da súa executiva para deixar claro, como xa o fixo en imnumerables ocasións, que os cargos políticos que ocupa están e sempre estiveron a disposición do partido e que no día en que tivera que elixir, sempre tendo en conta os intereses da cidadanía e do PSOE, a súa opción sería a de Ferrol.

“Como militante socialista, sempre, non hoxe, nin mañá, sempre, os meus cargos estiveron a disposición do partido, estiveron, como dixen mil veces á disposición do partido e no día en que tivera, ou teña que elexir me quedarei en Ferrol que é con teño o meu compromiso”, asegurou Beatriz Sestayo.

INFORMACIÓNS “FALSAS”

A secretaria xeral dos socialistas lamentou que durante estes últimos días se publicaran informacións “falsas” nalgún medio de comunicación en referencia a un suposto requerimento do partido para que elixise entre ocupar o posto de deputada no Parlamento ou ben de Concelleira en Ferrol, e que non existiu en ningún momento, nin “verbal, nin por escrito nin por correo electrónico”.

De feito, no Comité Provincial celebrado este sábado, no que participaron representantes da agrupación galega e membros de toda a provincia, o secretario da agrupacion provincial afirmou que “nunca houbo un requerimento”, o que amosa como falsas as informacións publicadas sobre esta cuestión.

Ante esto, Beatriz Sestayo manifestou a súa confianza a que o medio de comunicación que dou traslado destas afirmacións as “rectifique porque non é certo” o que se afirmou.

No Comité deste sábado informouse que “Beatriz Sestayo sempre dixo que os seus cargos están a disposición do partido”, e que debería establecer “un calendario” que determine o modo de proceder sobre os distintos cargos, atendendo aos intereses da cidade ou á zona á que se representa, no Parlamento, no Congreso ou noutras institucións. O que está acordado, remarcou, é que os distintos representantes do Partido Socialista reuniranse para buscar un calendario para decidir esta cuestión, e que “calquera información que vaia no sentido contrario é falsa, e debera ter as consecuencias que unha información falsa tivera que ter”.

“O que non vai facer o Partido Socialista e, dende logo, o que non me vai marcar a min a axenda é o Partido Popular nin ningún medio de comunicación, a axenda do Partido Socialista a marca a cidadanía e quen o decide é o Partido Socialista”, aseverou, “ningún medio de comunicación nin, por suposto, o PP suplantará a decisión soberana do Partido Socialista Obreiro Español e do Partido Socialista de Galicia”.

Beatriz Sestayo engadiu ademáis que no Comité celebrado este sábado voltou pedir unha xuntanza co resto de cargos directivos e insistiu ao secretario xeral para que se produza esa xuntanza para establecer un calendario que vaia en interés da cidadanía

“MAL GUSTO” DUNHA VIÑETA CON “TINTES MACHISTAS”

A tamén Concelleira de Muller en Ferrol lamentou o “mal gusto terrible dun comic” publicado este domingo nun medio de comunicación, ante os seus “tintes claramente machistas” que perxudican “á igualdade de mulleres e homes” na sociedade. 

Beatriz Sestayo, que incidiu en que o Partido Socialista seguirá loitando pola reivindicación dun “tratamento xusto e igualitario”, afirmou que “nunca unha muller debe facerse obxecto de mofa, nunca unha minifalda ou uns tacóns deben facerse obxecto de mofa porque cando iso ocorre segue avanzando o machismo”. “Lástima que pese aos requerimentos de moitas mulleres contra determinado xornalismo haxa quen persista”.

“CONDUCTA INTACHABLE”

Beatriz Sestayo quixo deixar claro que en toda a súa traxectoria persoal, profesional, académica e política sempre tivo “unha conducta intachable”.

“Todos os meus ingresos foron froito do meu traballo, de moita capacidade de traballo e da honradez, quenes non critican os sobres B critican ingresos legais, moitas veces manipulados por un medio de comunicación, quenes non critican que un representante da Autoridade Portuaria do PP perciba dietas sen ir lles preocupa que unha representante do Partido Socialista acuda como é demostrado sen cobrar”.

“Non lle preocupa a un medio de comunicación que se estafe case un millón de euros por unha  depuradora que non funciona, pero se ocupan tres ou catro días a unha información tantas veces manipulada, posto que se ten dito que percibo ingresos dun lado e polo outro lado que non”, engadiu.

A SEDE DO PSOE ESTARÁ ABERTA AOS INTERESADOS EN OBTER INFORMACION

Para que non exista dúbidas, clarexou que na sede do Partido Socialista calquera cidadán terá dous días á semana, luns e xoves, de seis e media a oito e media para obter calquera información que lle afecte a ella mesma ou a calquera cargo do Partido Socialista, con “absoluta transparencia e portas abertas”.

A secretaria xeral dos socialistas ferroláns aproveitou para defender o traballo intenso que están a facer todos os membros do goberno local de Ferrol, adicando “moitísimas máis horas que os membros do anterior goberno do PP”, co obxectivo de recuperar o emprego, a igualdade ou o urbanismo en Ferrol, e conseguir que a cidade conte con máis habitantes, menos paro e máis traballo.

Lamentou así mesmo a dobRe táboa de medir que semella que existe posto que ninguen criticou no seu momento que o alcalde do PP de Ferrol compatibilizase este cargo coa presidencia, na que tamén percibía salario, da Fegamp. “Todavía a dereita ten privilexios e a esquerda debe poñerse de xeonllos, o Partido Socialista non se pon de xeonllos, di a verdade e traballa”.

Na rolda de prensa Beatriz Sestayo estivo tamén acompañada da deputada no Congreso e Vicesecretaria dos socialistas ferroláns, Paloma Rodríguez, que amosou o “estupor e enfado” da executiva da agrupación local. Sinalou que ante as falsidades publicadas nun medio de comunicación tense pedida unha xuntanza co Secretario Xeral dos socialistas en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e se solicitou aos cargos da provincia e de Galicia que informen que non se produciu ningún requerimento.

Así mesmo, avanzou que os socialistas non permitirán que se insulte a unha muller con viñetas de tipo machista.

28 de setembro de 2015 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.