Servizos Sociais de Vilagarcía reactiva a unidade de primeira atención para axilizar a asistencia aos usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Unidade de Primeira Atención (UPA) dos Servizos Sociais do Concello reactivouse a pasada semana coa incorporación do novo traballador social contratado por decisión do gobernó local para axilizar a asistencia aos usuarios. A medida permitirá atender de xeito inmediato aos usuarios que acoden por primeira ver a Servizos Sociais ou a aqueles cuxos expedientes xa están inactivos. O funcionamento da UPA redundará ademais na redución da lista de espera para os demais sevizos do departamento e tamén para axilizar a tramitación de diversos trámites.

Reforzar o plantel dos Servizos Sociais era una das prioridades da concelleira de Benestar Tania García. A finais do pasado mes de agosto, a Xunta Local de Goberno aprobou a contratación dun traballador social –o sexto do servizo-, baseando legalmente a medida na acumulación de tarefas que sofre o departamento debido á crecente demanda que rexistra dende hai uns anos como consecuencia da crise económica.

Coa posta en marcha da UPA, as pesoas que se dirixan por vez primeira aos Servizos Sociais municipais poderán ser atendidas de xeito inmediato calquera dos días establecidos como de atención ao público sen ter que esperar a que lles dean cita previa. Desta situación tamén se poderán beneficiar antigos usuarios cuxos expedientes xa estean inactivos.

O traballador social da UPA daralles a primeira acollida, fará una primeira avaliación do caso e ofreceralles información e asesoramento sobre os recursos sociais, axudas ou programas aos que poden acceder. De ser necesario, a UPA derivará ao usuario aos traballadores sociais do servizo para continuar traballando no caso.

Aparte de encargarse da UPA, os días nos quen o servizo non conta con atención ao público, o novo traballador social, efectuará labores de apoio aos outros departamentos dos Servizos Sociais, encargándose da realización de diversos trámites que poderán concluirse nun menor tempo.
Este profesional tamén poderá encargarse dos casos de emerxencia nos que Policía, Menores ou outros organismos demanden informe aos Servizos Sociais municipais sobre casos novos dos que non existe coñecemento previo no Concello.

Estrutura do servizo

Tras a reactivación da UPA, os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía configúranse cunha Unidade de tramitación das axudas de emerxencia enmarcadas no Programa de Inclusión Social Municipal, con tres Unidades de Traballo Social, unha traballadora social encargada de programas específicos como a Escola Infantil Municipal ou o Conciliatardes, unha Educadora que desenvolve o programa de educación e apoio familiar, dous auxiliares administrativos que apoian a tramitación de todos os departamentos e a coordinadora do servizo.

19 de setembro de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.