Segundo curso pre-feira de Termatalia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Curso en Termatalia

Curso en Termatalia

Continúan en Expourense os cursos de capacitación termal previos a Termatalia nos que están a participar máis de 40 profesionais de México, Colombia, Costa Rica e Ecuador, principalmente, aos que nesta xornada incorporáronse novos asistentes chegados a Galicia durante a xornada de onte. O curso de hoxe versa sobre “Formación, Lexislación e normas de calidade en termalismo” e está a ser impartido polo Dr. Antonio Freire, director de Gala Termal e director médico do Balneario Augas Santas, e por Luís Manuel Vicente Torcal, experto en sistemas de certificación turística. As sesións teóricas da mañá complementaranse coa visita esta tarde a Termaria, centro de talasoterapia e á Torre de Hércules na Coruña  (Patrimonio da Humanidade). Con estas actividades, Termatalia reforza o seu papel como centro de capacitación internacional en termalismo.

Estes cursos están a cumprir as expectativas dos asistentes, tal e como mostran as palabras de Clemencia Gómez, profesional de Colombia, que indica que “coñecer os avances da lexislación española permitiranos avanzar no desenvolvemento da normativa de Colombia en Termalismo e en xeral en Turismo de Benestar. Unha tarefa conxunta que se coordinará desde a Mesa de Turismo de Benestar co apoio do Programa de Transformación Produtiva do Goberno de Colombia (PTP), do Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA), Asociacion Colombiana de Turismo de Benestar, empresarios e institucións académicas”. 

Mañá mércores 23 de setembro será a quenda do I Congreso Internacional da auga organizado polo Campus da auga da Universidade de Vigo en colaboración con Termatalia e outras entidades vinculadas ao desenvolvemento termal como o Concello de Ourense ou a Deputación provincia de Ourense, entre outras.

Xa o xoves 24 comezará a 15º edición (a 10ª desde que é internacional) de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal que concluirá o sábado 26. O acto oficial de inauguración será ás 11.00 h. e contará coa presenza do Ministro de Sanidade do Goberno de España, Alfonso Alonso. 

Unha vez concluída Termatalia 2015, os días 28 e 29 de setembro impartir dous novos cursos de formanción post-feira que incluirán unha sesión “Peloides e cosmética termal”, para o luns 28 de setembro, e correrá a cargo dos dos investigadores de referencia internacional á hora de falar dos peloides: o Dr. José Luís Legido, Xefe do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, e Director do Grupo de Investigación de FA2, e a Dra. Lourdes Mourelle, Investigadora e Formadora experta en Termalismo, Talasoterapia e Wellness. Incluirá a visita ao Talaso Atlántico de Oia, en Pontevedra. A última xornada versará sobre “Hidroloxía Médica e Técnicas Termais” e tamén estará impartido polo Dr. Antonio Freire e contempla a realización de prácticas de técnicas termais no balneario de Augas Santas, en Ferreira de Pantón, Lugo.

22 de setembro de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.