Satisfacción absoluta co inicio do curso das Escolas Municipais de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O venres comeza unha nova tempada para as Escolas Municipais de Atletismo da Sociedade Ximnástica que patrocina o Instituto Municipal de Deportes. A cita será pouco antes das seis da tarde no Pavillón Municipal de Deportes para realizar o primeiro adestramento.

Nos últimos anos o incremento de alumnos da Escola foi constante e froito diso é que practicamente xa están cubertas todas as prazas dispoñibles.

Por diante os futuros atletas pontevedreses afrontarán uns meses trepidantes, cun amplo abanico de competicións para que vaian coñecendo as diferentes especialidades atléticas, ademais dos adestramentos os luns, mércores e venres de seis a sete da tarde, seguindo o calendario escolar.

Todos eles estarán dirixidos polos monitores e adestradores da Sociedade Ximnástica, un grupo de 8 persoas que soubo levar á Sociedade Ximnástica, nos últimos anos, a practicamente estar presente en todas os campionatos de Galicia das categorías menores.

30 de setembro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.