Santiago Futsal Talent Factory celebra o cuarto campus en Xapón
As Escolas do Santiago Futsal en Xapón ‘Santiago Futsal Talent Factory’, clausuraron a semana pasada o último campus celebrado no país nipón, que xa vai pola cuarta edición. Nesta ocasión, foron 17 os xogadores de categoría xuvenil de distintos equipos da comarca, que compartiron unha única xornada de 8 horas, con sesións tácticas e charlas formativas con clínics e vídeos.
Os participantes puideron experimentar e descubrir o traballo formativo de base do Santiago Futsal, instruído polo director das escolas do Santiago Futsal en Asia, Motonori Baba e o seu grupo de adestradores. O próximo campus do Santiago Futsal no continente asiático está fixado para o 30 de Outubro na área de Nagasaki.











