Santiago acolle outra reunión de Traballo do proxecto INCLÚE para innovar na atención á exclusión social
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou hoxe nunha nova reunión de traballo do proxecto INCLÚE (Innovación para a inclusión social), celebrada en Santiago de Compostela. Na reunión presentáronse os resultados da fase inicial de testeo dunha ferramenta tecnolóxica que permitirá homoxeneizar os criterios de valoración técnica da exclusión social.
O proxecto INCLÚE, en marcha desde xuño de 2014, está cofinanciado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants) e busca deseñar un modelo de atención innovador centrado na persoa, na mesma liña que están a seguir as distintas iniciativas que está impulsando a Administración autonómica no mesmo eido. Neste proxecto participa o Goberno galego, xunto con entidades locais e de iniciativa social.











