Santiago acolle a reunión anual da Aerial Archaeology Reserach Group
Santiago de Compostela acollerá desde mañá a reunión anual da Aerial Archaeology Reserach Group (AARG) evento no que máis de 75 investigadores de Europa e América presentarán os resultados alcanzados en proxectos de investigación empregando as últimas tecnoloxías para a prospección arqueolóxica (imaxes de satélite, drones, escaneado láser…), e debaterán sobre os seus retos e perspectivas futuras.
É a primeira vez que os socios da AARG, entidade fundada en 1983 no Reino Unido para a promoción do uso arqueolóxico destas tecnoloxías, se reunen en España, e fano por iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), e co apoio da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
O evento arrincará ás 10.00 horas no centro cultural Abanca nun acto inaugural que contará coas intervencións de Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), e Pilar Morgade Saavedra, directora da área de Programas da Axencia Galega de Innovación.











