publicidade hoxe

Salvaterra promove o consumo de lácteos nas aulas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño promove as Xornadas de Consumo de Lácteos nos Centros Educativos do Municipio, co fin de crear hábito de consumo deste produto entre os máis cativos. Este proxecto está destinado a máis de 1.100 nenos e nenas dos Colexios de Infantil e Primaria, do Centro Rural Agrupado e do Instituto do Municipio. Eles serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que organiza o Concello.

Organismos  Internacionais  como  a  FAO  e a  UNESCO  recomendan os   lácteos  como  alimento  indispensable  para a nutrición humana,  xa que son especialmente ricos  en  proteínas  e  calcio  de  fácil  asimilación,  nutrientes moi importantes nas etapas  de  crecemento  e desenvolvemento,  así  como para o mantemento da masa ósea e muscular.

O  seu  consumo ten grandes beneficios  xa que  é un excelente aporte de proteínas, unha  fonte  natural  de  calcio,   axudando  a  formar  e manter  ósos  e dentes sans,  conten fósforo, magnesio, potasio e vitamina A.

Un consumo diario ten uns grans beneficios, polo que con esta campaña  preténdese promover  e  crear un hábito de consumo diario deste produto,   a través do  reparto  de  iogures líquidos,   que  cada  centro  distribúe  de  acordo  co  seu  programa de  actividades.

30 de setembro de 2015 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.