Salgueiro sinala que o PSOE non está lexitimado para dar leccións sobre a ubicación do servizo de recadación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Odeputado delegado de Economía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro,asegura que Pilar García Porto e os membros do grupo socialista “non están lexitimados para dar lecciónssobre o edificio no que localizar aos funcionarios do Servizo de Recadación, xaque mantiveron durante oito anos a estes traballadores en condicións inadecuadas,desoíndo informes que advertían sobre as pésimas condicións nas que se atopabanos empregados”.

Demetrio Salgueiro considera “irresponsable” a actitude dos socialistas,que durante anos investiron fondos públicos no elevado aluguer dun edificioonde tiveron desempeñando as súas funcións os traballadores de Recadación “sen concluírunha solución ao respecto pese a un Informe Provincial de Traballo e de Seguridade Social, queindicaba deficiencias en aspectos como o de falta de mantemento da estancia,unha dimensión do local inadecuada, e problemas tanto no sistema eléctrico,como no térmico e no de ventilación”.

“Ata agora nada lles importou”,indica o deputado, ata o punto de que “abandonaron a estes traballadores.Estamos ante un acto grave de irresponsabilidade, de desfachatez e de cinismo”. A maiores de que “son o claro exemplo daincoherencia máis absoluta. Lamentan agora o investimento de fondos paramellorar as condicións nas que traballan estes funcionarios, cando elesdestinaron importes millonarios en edificios aos que con posterioridade nonsacaron rendibilidade”.

Por último, o deputadoresponsable de Economía, Recadación e Facenda asegura que se está ante unhapetición do persoal, “que pode contar con nós, e á que atenderemos, froito duntraballo serio”, indicou, ao tempo que matizou que á diferenza dos socialistas“o que nos preocupa é a situación dos traballadores e non facer política”.

22 de setembro de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.