SabadellGallego asina un convenio coa asociación de empresarios Ferrolterra
SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra. En virtude deste acordo, SabadellGallego pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
Pola súa banda, a Asociación de Empresarios Ferrolterra, aumenta a súa oferta de servizos para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, tpv, etc.
Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Destacan, entre outros: a Conta Expansión Negocios-PROL, un pack especialmente deseñado á medida de calquera profesional, traballador autónomo ou empresa que reúne toda unha serie de vantaxes – conta sen comisión de administración nin mantemento, transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuíto, BS Online e BS Móbil gratuíto, cartóns de crédito e débito gratuítas, TPV en condicións preferentes e que ademais anualmente abona o 10 % da cota colexial nela domiciliada, ou a conta Expansión PROL, para a domiciliación da nómina – sen comisión de administración e mantemento, cartón de débito e crédito gratuíta, ingreso de cheques sen comisións, coa devolución todos os meses do 3% dos recibos domiciliados (luz, gas, teléfono fixo, móbil e Internet) e anualmente abonará tamén o 10 % da cota colexial nela domiciliada, e para os seus gastos persoais os colexiados disporán da póliza de crédito profesional, que lles permitirá dispor dun crédito para os seus gastos sempre que o necesite, sen comisión de estudo, nin comisión de non disposición e a un tipo de interese preferente, xunto a produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados e máxima rendibilidade fiscal.
Coa firma deste acordo SabadellGallego reafírmase no seu apoio a asociacións e colectivos de profesionais, xa que até a data a entidade subscribiu en Galicia máis de cen convenios con diferentes Colexios Profesionais e Asociacións Empresariais.
O acordo foi asinado polo presidente da Asociación, José Ramón Franco Caaveiro e por Pablo Junceda Moreno, Director Xeral de SabadellGallego. No acto da firma acompañáronlles por parte da Asociación, José Manuel González Casas, membro da xunta directiva e por parte de SabadellGallego, Juan Moríñigo, Director Rexional de Galicia, Adolfo García-Ciaño, Director de Zona de Coruña Rías, Miguel Angel Alonso, director da Oficina Principal de Ferrol, e o director de Colectivos Profesionais da rexional, Fernando J. Miranda Rodríguez.











