Rogelio Martínez recibe á Asociación de empresarios do polígono do Vinteún

Rogelio Martínez na reunión coa xunta directiva
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá no seu despacho a membros da xunta directiva da Asociación de Empresarios do polígono do Vinteún, da cidade das Burgas. Na xuntanza os empresarios expuxeron diversas demandas relacionadas coa mellora das infraestruturas, servizos e dotacións desta zona industrial na que están emprazadas 20 empresas. Martínez ofreceulles colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no desenvolvemento do recinto industrial.











