Rocío Mosquera e Xulio Ferreiro analizan a posibilidade de dispor dun centro de saúde no actual mercado de Santa Lucía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Reunión de Rocío Mosquera e Xulio Ferreiro

Reunión de Rocío Mosquera e Xulio Ferreiro

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, vén de manter unha reunión co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, para tratar a posibilidade de dispor dun centro de saúde nos espazos do actual Mercado Municipal de Santa Lucía, entre outros temas de índole sanitario na urbe.

Neste eido, a conselleira trasladou ao alcalde a necesidade de que o goberno local tramite a cesión dos espazos nos que actualmente se sitúa o Mercado Municipal de Santa Lucía, como paso previo imprescindible para que Sanidade poda analizar e orzar a disposición dun centro de saúde nesa zona.

Tamén se tratou unha próxima xuntanza da comisión de seguimento do protocolo asinado en outubro de 2014, coa intención de seguir avanzando no estudo das distintas alternativas para a elaboración dun anteproxecto que inclúa a disposición do centro de saúde nos espazos do actual Mercado Municipal de Santa Lucía.

11 de setembro de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.