Rober Bodegas achegará “Un sorriso polo alzhéimer” na gala solidaria de FAGAL

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Federación Galega de Alzhéimer está a organizar a gala solidaria “Un sorriso polo alzhéimer”, na que quere achegar a importancia  do compromiso da sociedade a través do humor. Este evento enmárcase dentro da campaña “No alzhéimer ti es unha peza importante”, posta en marcha por FAGAL, con motivo do Día Mundial do Alzheimer.

A gala terá como mestre de cerimonias ao cómico e guionista carballés Rober Bodegas, coñecido polos seus traballos en programas de televisión como “El rey de la comedia” ou “Sé lo que hicisteis…” e que proximamente poderemos velo na película “Cuerpo de élite: Misión Palomares”. O cómico galego levará a cabo un espectáculo de monólogos que fará disfrutar aos asistentes.

O acto terá lugar o vindeiro 18 de setembro no Auditorio ABANCA do Preguntoiro, en Santiago de Compostela, a partir das 21:30h.

As entradas xa están á venda a un prezo de 11 euros na web entradas.abanca.com.

Campaña #SonUnhaPezaImportante

Asi mesmo,  a Federación Galega de Alzhéimer continúa coa súa campaña en redes sociais, que comezou o pasado dia 1 de maneira satisfactoria e na que busca crear un gran crebacabezas do compromiso co alzhéimer. Aquelas persoas que queiran participar, só teñen que publicar unha fotografía en Facebook ou Twitter cunha peza de crebacabezas ou co lema da campaña acompañada da etiqueta #SonUnhaPezaImportante

11 de setembro de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.