publicidade hoxe

Ribadumia acolle un curso gratuíto para a obtención do Carnet de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Asociación de Viticultores Baixada do Castrove en colaboración co Concello de Ribadumia e o Sindicato Labrego Galego organizan de novo un curso para a obtención do Carné de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios homologado pola Xunta de Galicia, dada a alta demanda que este curso está a ter na comarca. 

Nesta ocasión, o curso -que consta con 30 prazas para o alumnado-  impartirase dende 19 ao 26 de outubro (fin de semana non)  no Centro Social de Sisán en horario de 18:00 a 22:00 horas. O exame final acreditativo do título terá lugar o 27 de outubro na Estación de Viticultores. 

Os interesados poderán inscribirse dende o luns 21 de setembro ata o mércores 30 de setembro nas oficinas do Concello de Ribadumia ou no teléfono do Concello: 986718491. 

As clases son totalmente gratuítas, e as persoas que o realicen só pagarán as taxas de expedición dos carnés para a obtención do título. 

O obxectivo deste curso é transmitir ás persoas que manipulan ou empregan produtos fitosanitarios a información necesaria sobre este tipo de produtos. Ademais, a obtención do carné é imprescindible para todos os agricultores que realizan tratamentos con produtos fitosanitarios co fin de garantir a seguridade necesaria co uso dos mesmos. 

21 de setembro de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.