Rexeneración de pavimentos no Polígono Lalín 2000

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita ao polígono Lalín 2000

Visita ao polígono Lalín 2000

O alcalde de Lalín visitou as obras de mellora do Polígono Lalín 2000. Rafael Cuíña, acompañado do presidente da AED, Antonio Lamas, e de membros da empresa Construccións Taboada, comprobaron o estado das actuacións que se están a desenvolver desde esta mesma semana e que está previsto que estean rematadas no mes de outubro.

As actuacións consistirán na rexeneración de pavimentos en diferentes treitos viarios e na reparación dos elementos de sinalización horizontal.

O Concello conta cun orzamento total de 150.000 euros para esta iniciativa. Destes, 120.000 proveñen dunha partida da Consellería de Economía e Industria, cofinanciada polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o resto -30 mil euros- correrá a cargo do Concello de Lalín.

25 de setembro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.