publicidade hoxe

Renovación na feira-mercado de Lestedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

A feira-mercado de Lestedo, en Boqueixón, é unha das feiras máis antigas da comarca, posto que está en activo dende fai maís de 150 anos. Vense celebrando o primeiro e o terceiro domingo de cada mes, chova ou faga sol e sempre consegue que acudan ata ela visitantes que compran e paseen entre os seus postos.

Na actualidade,  está en pleno proceso de renovación, incorporaranse case unha quincena de novos postos que suplirán baixas e xubilacións de feirantes que levaban dende sempre traballando nesta feira. 

Con esta renovación, aumentarase a oferta ós visitantes e siguese completando o xa variado abano de mercadorías que se venden actualmente. 

A feira de Lestedo conta cun total de 75 postos onde se poden atopar dende produtos agrícolas, textil, calzado, alimentación, plantas, hortalizas, pulpeiro, etc. 

Os domingos de feira tamén abre o comercio local de Lestedo (tendas, supermercado, bares, restaurantes, etc).

10 de setembro de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.