Raimundo González asegura que no caso Elsamex sempre defenderon o intereses público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Goberno local coñeceu hoxe por boca dos medios a decisión do fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, de trasladar ao xulgado o caso das prórrogas da concesión do servizo de mantemento dos xardíns municipais á empresa Elsamex denunciado, no seu día, polo Partido Popular.

“Como dixemos no seu momento, estivemos defendendo o interese público, entre outras cousas podedes ver que hai máis de 100.000 euros de diferencia entre o anterior contrato e o actual. Sempre dixemos que o novo contrato ía a encarecer o servizo como así foi na práctica” apunta o portavoz do Goberno local, Raimundo González que lembra “de todas maneiras esto aínda ten que ir a un xuzgado, que ten que determinar se admite ou non esta denuncia da Fiscalía”.

Houbo situación similares, como o caso do Barco de Valdeorras, no que houbo unha denuncia contra o alcalde tamén pola prórroga dun contrato “e que eu saiba a denuncia, unha vez feitas as dilixencias, foi arquivada polo propio xuzgado”.

González Carballo subliña que, polo que lle transmiten, o fiscal fala de supostas irregularidades advertidas, á hora de prorrogar o contrato de Elsamex para o coidado dos xardíns do municipio ao que o portavoz municipal responde que “hai unha defensa do interese público e o levantamento dos reparos está reglado”.

“As veces os técnicos advirten de cousas que non se poden prorrogar pero hai cousas obvias, ten que primar o interés público. Nós non podemos deixar de prestar un servizo, non podemos deixar os xardíns a monte, por tanto, aínda que a veces os tempos administrativos se incumplan se limita só a eso”, explica Raimundo González.

“Entendemos que non hai ningún tipo de ilícito penal”, engadiu. Para o portavoz do Goberno local a situación creada “é fruto dunha xudicialización da actividade pública que fai o PP que dende logo non é positivo para o funcionamento da administración e para o desenvolvemento da actividade política”. Para González Carballo é moi significativo que a situación creada “non obedece a unha actuación directa da Fiscalia, non é a Fiscalía que detecta unha infracción e abre unha investigación, se non que é unha denuncia do Partido Popular a que leva a Fiscalía”.

14 de setembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.