publicidade hoxe

Preto de 7.000 persoas visitaron o Forno do Forte este verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

Un total de 6.936 persoas visitaron o Ecomuseo do Forno do Forte de Buño dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto. Este último, como é habitual dende a apertura ao público da instalación no ano 2006, foi o mes de maior afluencia cun total de 3.908 persoas, e con picos que superaron as 350 en determinados días. O xerente do ecomuseo, PacoDoval, salientou o interese que esperta o Forno do Forte, e o mundo da olería en xeral, non só durante o verán, senón ao longo de todo o ano. De feito, o de Buño foi o recurso turístico da Deputación Provincial da Coruña máis concorrido durante a Semana Santa na Costa da Morte, e durante o curso escolar pasaron por el un total de 1.758 nenas e nenos de 31 colexios da provincia.

Os visitantes locais son maioría. Malpica e o municipio de procedencia da porcentaxe máis ampla, seguido de A Coruña, Madrid e Santiago. Por comarcas, Bergantiños e a Costa da Morte achegan o maior número de usuarios. Dentro de Galicia, a provincia que leva a palma é A Coruña, e por comunidades autónomas o ránking está liderado por Madrid, seguida de Cataluña, Valencia e Castela-León, estas dúas moi igualadas. Este verán, segundo indicou PacoDoval, notouse un aumento de visitantes de Francia, que foi o país europeo con máis presenza no ecomuseo seguido por Italia, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Suíza. Tamén se rexistrou un incremento de persoas procedentes de Sudamérica.

O Forno do Forte seguirá aberto durante o mes de martes a sábado de 11 a 14 e de 16 a 18 horas, e os domingos de 10 a 14 horas.

4 de setembro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.