Preséntase na Coruña a IV edición de Movilab

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Presentación de Movilab

Presentación de Movilab

Esta mañá presentouse a IV edición de Movilab na praza do Muncyt, na que participou o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande.

Movilab é unha iniciativa de divulgación científica que organiza a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía coa Rede Eléctrica de España, o Consello Superior de Investigacións Científicas e a Fundación Padrosa, que se desenvolve nun camión-laboratorio. Este permanecerá na Coruña ata o día 25, para despois iniciar un percorrido por unha ducia de cidades de todo o Estado realizando obradoiros e experimentos científicos centrados no Ano Internacional da Luz, que se conmemora neste 2015.

22 de setembro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.