Preséntase a aplicación do Concello da Guarda para móbiles
Este venres, ás 12 horas, na Casa dos Alonsos da Guarda, se presentará a Aplicación para móbiles do Concello da Guarda. En dito acto de presentación estará presente o alcalde guardés, Antonio Lomba, quen tamén é responsable da Concellería de Novas Tecnoloxías e os Técnicos responsables das seccións presentes na aplicación.











